Ir al contenido principal

TAREFAS DO EQUIPO DE PRESENTADORES

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, presentador/a?

Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.



Pois ben, esta é a tarefa que terás que entregar. Deberás escoller algunha das ferramentas que te vou mostrar nesta entrada para grabarte lendo ou declinando este texto:

Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.

Trátase da sinopse do libro O Principiño. Unha das tarefas da radio é a de mostrar contido que poida ser de axuda ós ouvintes. Por exemplo, aportando a sinopse dun libro da nosa biblio. Deste xeito poderíase facer unha recomendación literaria na que se explicara o argumento e ficha técnica para que os vosos compañeiros tivesen a información e así promover o uso da biblioteca escolar.

O que terás que facer é o seguinte:

Primeiro que nada le o texto varias veces ata que non teñas erros na lectura, tendo en conta o que aprendeches no teu cursiño de capacitación.
A continuación, podes escoller entre as seguintes ferramentas para grabar a túa voz:

GRAVADORA DE VOZ DO TEU PC OU PORTÁTIL.

GRAVADORA NATIVA DE AUDIO DUN TELÉFONO MÓBIL OU SMARTPHONE.


Todos os teléfonos móbiles acostuman a traer incluída unha aplicación de gravación de voz. Podes empregala para grabarte lendo o texto e gardala no mesmo smartphone.

Se non é o teu caso temos máis ferramentas:

ANCHOR.


Anchor é unha aplicación dispoñible para Android e Ios na que poderás grabarte lendo o teu texto dun modo moi sinxelo. Déixoche aquí os pasos:

  • Descarga a aplicación:
https://play.google.com/store/apps/details?id=fm.anchor.android&hl=es

  • Así gravarás con esta aplicación paso a paso dende un teléfono móbil ou tablet. Primeiro, click onde di "QUIERO HACER UN NUEVO PODCAST", no rectángulo vermello da primeira imaxe. A conuación, click en "PERMITIR GRABAR AUDIO".

  • A continuación, fas click no botón "GRABAR"e xa podes comezar a ler o teu texto cun volume adecuado. Podes facer varias probas se queres. Lembra facer pausas e entoar adecuadamente. Cando remates poderás empregar música para adornar o teu texto, pero non imos empregar esta funcionalidade polo momento. Así que daslle a "GARDAR!


  • Logo pedirate que lle poñas nome o podcast, pero aqui, vas poñer unha palabra recoñecible coma por exemplo "PROBA" ou "TEXTO DE PROBA". E xa podes descargar o teu audio facendo click en "DESCARGAR TRAILER".

       
 

 E xa está! Así é como queda!





Cando teñas a túa gravación, únicamente terás que facerma chegar ao meu correo. Lembra!

elvira.fdez.pena@edu.xunta.es

E para o día da reunión todos os membros do Equipo de presentadores escoitaremos a túa proposta e daremos a nosa opinión para mellorar a nosa destreza.

Mans á obra, presentador/a!

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

TAREFAS DO EQUIPO DE CREADORES DE CONTIDO (ACTIVIDADE 1)

Xa fixeche o teu cursiño de capacitación, creador/a de contidos? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.

TAREFAS DO EQUIPO DE TÉCNIC@S DE SON

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, presentador/a? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.