Ir al contenido principal

TAREFAS DO EQUIPO DE TÉCNIC@S DE SON

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, presentador/a?

Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.




O Equipo de presentadores/as, co que terás que traballar codo a codo, está a facer esta mesma gravación:




No seu caso, eles son os que poñen a voz a este texto, unha sinopse do Principiño que podería axudar aos teus compañeiros de colexio a visitar a nosa biblio.

O traballo que deberás facer ti será o de escoller unha canción ou melodía que acompañe a este texto, ó cal podes acceder aquí.

Pero antes de comezar, teño algo moi importante do que aínda non falamos na aula e que deberás contar aos teus compañeiros: non valen todos os temas musicais.

Na música, coma nas artes hai dereitos de autor, polo tanto, non poderás escoller a túa canción favorita, porque é moi probable que teña un ator que esixa pagar uns cartiños por empregala. Polo tanto, deberemos escoller unha melodía dun banco de recursos gratuíto. Pincha aquí para acceder a unha páxina cun banco de recursos que poderás empregar sen medo a unha demanda!

Unha vez teñas seleccionado o teu acompañamento, únicamente terás que seguir os pasos que te indicaron no vídeo do cursiño de capacitación. Pero por se tes algunha dúbida, aquí te deixo un vídeo titorial propio no que farei exactamente a túa actividade.




Ves que fácil?

Agora, o único que te resta por facer é enviarme o audio ó meu enderezo electrónico:

elvira.fdez.pena@edu.xunta.gal

Na próxima reunión do Webex poremos en común as vosas creacións Equipo de Técnicos de son e así aprenderemos do traballo dos compañeiros!

Comentarios

Entradas populares de este blog

TAREFAS DO EQUIPO DE CREADORES DE CONTIDO (ACTIVIDADE 1)

Xa fixeche o teu cursiño de capacitación, creador/a de contidos? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.

TAREFAS DO EQUIPO DE PRESENTADORES

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, presentador/a? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.

TAREAS DO EQUIPO DE CREATIVOS (ACTIVIDADE 1).

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, creativ@? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.