Ir al contenido principal

TAREAS DO EQUIPO DE CREATIVOS (ACTIVIDADE 1).

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, creativ@?

Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.


Colle un papel e material de debuxo para facer un logo isotipo co que mostres unha imaxe que nos represente coma programa de radio de aula. Cando o teñas feito, busca un lugar luminoso da túa casa e sácalle unha fotografía con algún dispositivo móbil. Se non tes, podes pedirllo prestado á túa familia.

Cando teñas a fotografía, deberás enviala ó meu correo electrónico. Lembra:

elvira.fdez.pena@edu.xunta.es

Déixoche aquí unha ferramenta para que pases esta imaxe a PDF. Lembra que se vas a descargala debes pedir permiso.

E para o día da reunión deberás ter unha presentación breve preparada na que nos expliques a min e a teu equipo por que motivos fixeches o teu deseño e como poder axudar ó noso programa de radio na aula.

Mans á obra, creativo!


Comentarios

Entradas populares de este blog

ASINA O TEU CONTRATO!

Aquí tes toda a información necesaria para poder asinar o teu contrato. Perooo, estarás pensando, como o fago se estou na casa? Non te preocupes, aquí te deixo todos os pasos para poder facelo!

TAREFAS DO EQUIPO DE PRESENTADORES

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, presentador/a? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.