Ir al contenido principal

TAREFAS DO EQUIPO DE CREADORES DE CONTIDO (ACTIVIDADE 1)

Xa fixeche o teu cursiño de capacitación, creador/a de contidos?

Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.



 Terás que entregar as seguintes tarefas:

  • Un título para o programa.
  • Unha descripción que resposte a preguntas coma quen somos, de que colexio vimos, que queremos facer con este programa de radio,... O que se te ocurra.
  • Un lema. Coma por exemplo o "Just do it" de Nike ou o lema de Master Card:
Hai cousas que o diñeiro non pode mercar. Para todo o demais, Master Card.

Para facer estas tarefas, poderás empregar o teu pc, tablet ou teléfono móbil empregando un procesador de textos. Para poder facelo, lembra esta entrada do blog do ano pasado onde exlico segundo as ferramentas que teñas, como podes facer un documento escrito.

E se non tes ningunha ferramenta tecnolóxica, sempre podes buscar un lugar luminoso da túa casa e casar unha fotografía. Déixoche aquí unha ferramenta para que pases esta imaxe a PDF. Lembra que se vas a descargala debes pedir permiso. Se traballas dende o pc, recoméndote esta páxina que ten a mesma funcionalidade.

E para o día da reunión deberás ter unha presentación breve preparada na que nos expliques a min e a teu equipo por que motivos pensas que o teu traballo poder axudar á nosa radio de aula. 

Mans á obra, creador de contidos!




Comentarios

Entradas populares de este blog

TAREFAS DO EQUIPO DE PRESENTADORES

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, presentador/a? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.

TAREAS DO EQUIPO DE CREATIVOS (ACTIVIDADE 1).

Xa fixeche o teu traballo do cursiño de capacitación, creativ@? Pois ben, agora explícoche o que terás que facer antes da nosa reunión de WebEx.